lunes, junio 12, 2017

Nuno Baamonde Beceiro Campión galego de Tiro con Arco

A fin de semana do 10 ao 11 de xuño deste ano celebrouse en Pontevedra o Campionato Galego de Tiro con Arco, organizado polo Club Boa Vila. No evento resultou gañador o noso alumno Nuno Baamonde de 3º A que obtivo o Primeiro Premio na categoría cadete á que pertence representando ao Club Arco Ferrol que acadou o primeiro e o segundo posto nas categorías de alevín e cadete. A continuación, unha entrevista co deportista ao que podedes ver na foto co seu trofeo e medalla, acompañado de Sandra Cepero que tamén practica tiro con arco, de Eli Tatyanova que xoga ao vóleibol e de Alfonso, o seu profesor de Educación Física e coordinador do proxecto deportivo de centro.
-       -    Cóntanos cómo foi a túa experiencia neste torneo.
-       -    O torneo dura dous días porque o sábado compiten as categorías inferiores, ardillas, infantil e alevín; e o domingo as superiores, cadete, senior e veterán. A xornada do domingo foi dura xa que competimos de nove da mañá a nove da noite.

-         - Agardabas este resultado tan bo?
-        -   A verdade é que non. Non o esperaba ata o ano que vén xa que o meu compañeiro Pedro Pina levaba xa tres anos nesta categoría e ía primeiro, pero el se puxo nervioso e eu aguantei mellor a presión.

-       -    Esta é a primeira vez que gañas?
-       -    De primeiro, si.

-        -   Logo xa gañaches outros campionatos?
-         -  Si, este ano gañei o Campionato Galego de Sala, no que quedei en segundo posto, e o Torneo da Federación, no que quedei en 5ª posición.

-         -  Como reaccionaches ao saber que eras o gañador neste torneo?
-          - Primeiro pensei que era un soño; logo corrín a estreitar a man do meu rival.
-          Felicidades pola túa victoria!
-          Gracias!

No hay comentarios: